EZARO ALBUMES VIDEOS CASCADA FESTAS FORO WEBCAM  
          RANDOM OFF
 
REFRESH

NACHO PRODUCTIONS, ALGO MAIS QUE MUSICA
Nacho adicaralle un tema ó seu pobo natal o Ezaro, do que se foi cando era neno.

Para os que non entendemos de música, si nos falan de Rap, Electrónica e Clásica diríamos que son estilos totalmente diferentes e incompatibles. Para Nacho Lema (Ezaro,1983) residente en Suiza dende os 6 anos son as suas principais influencias a hora de “construir” a sua propia música con composicións con claras pinceladas destos 3 estilos nun so tema, dando resultados realmente espectaculares e orixinais.

Con tan so 4 anos, Nacho encontraba a sua verdadeira vocación cando “caiu”

Autor: M. G. Franco             Data: 31/10/2011 00:32:18                   Ler mais.. Foto: Nacho Lema  
GRANDES FESTAS EN HONOR A "VIRXE DO CARME"
Setembro, 12 e 13 – No Ezaro pechan o verán ca festa dos mariñeiros


O verán 2001 chega ó seu fin e como cada ano no Ezaro celébranse as festas en honor a Virxe do Carme. Esta vez o calendario decidiu que estas festas caeran en un Luns e un Martes, ademáis o clima anda algo inestable e acaban de rematar as festas da Barca en Muxía, polo que non se espera que esta verbena sexa moi concurrida.
Acudirán a romaría, como cada ano, os veciños do lugar e pouco máis.

Autor: M. G. Franco             Data: 12/09/2011 12:09:28                   Ler mais.. Foto: Ezaro.com  

XXVI EDICION FESTA DA PRAIA EZARO
Todo apunta a que este ano a FDP do Ezaro vai desafiar ó mal tempo

Todo preparado no Ézaro para a súa Festa da Praia. Son xa vinteseis anos contando coa cita cada verán, polo que serán centos e centos de persoas as que non perderán unha cita ineludible na vida de moitos.

Comezan o vindeiro venres, 5 de agosto, co Campionato de Fútbol Praia sub 16. Desenvolverase ao longo da tarde, dende as 16:00h ata as 21:00h. Logo de tanto esforzo físico haberá que tomar un pequeno descanso. E xa ás 23:00h, cambiando a area polo chan da praza, virá unha verbena espectacular.

fonte... QPC.com
04/08/2011 14:18:53

CARTEL DEPORTIVO FESTA DA PRAIA EZARO
As mellores competicións deportivas da zona están na praia do Ezaro

Cartel das competicións deportivas da XXVI Festa da Praia-Ezaro 2011. Os días 6 e 7 de agosto a praia servirá de pista de probas para os campionatos de volei praia, fútbol praia e ata a regata de chalanas. Tralo completo éxito do ano pasado, o concello agarda unha repercusión semellante.

A proba máis singular é o XXI Campionato de Volei praia-Festa da Praia, proba puntuable para o campionato Galego e para o circuito Comarca do Barbanza.

fonte.. QPC.com
04/08/2011 13:07:23

I MOSTRA DE FOTOS ANTIGAS "XENTES DO EZARO"
A exposición estará aberta ó público dende o 30 de Xullo ata o 5 de Agosto

A I Mostra de Fotos Antigas "Xentes do Ezaro" estará aberta ó público a partir do día 30 no Restaurante Café-Bar "Praia do Ezaro", patrocinador principal da mostra xunto con "Carpinteria Fidel Castro", "Ezaro.com" e colaboración de "J.M. R. Lasarte".

Tódalas imaxes expostas nesta mostra pódense ver publicadas nesta páxina, no apartado ..Albumes/Fotos Antigas.

M. G. Franco
28/07/2011 22:40:25

SAN XOAN 2011 NO EZARO
Noite de verán con sabor a sardiñas e queimada

Prometedora a noite de San Xoán no Ezaro. A xuventude do noso pobo xa non pode esperar para comenzar o marathón de festas veraniegas e pretenden celebrar por todo o alto a noite de San Xoan.
Os preparativos comenzaron xa hai varias semanas ca venda de camisetas “San Xoan – Ezaro 2011” que se poderán atopar na maioría dos bares e cafeterías do Ezaro a tan so 5 euros para recaudar fondos e facer desta noite unha noite inolvidable.

M. G. Franco
20/06/2011 00:26:04

  

O Tempo no Ezaro

ENQUISA


FOTO DO DIA


FOTOS SUBIDAS


EN FACEBOOK

CONTACTO

 

EZARO™ 2011                                                                                                                                                                                                        Acceso solo a administradores